O Consello Social, que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias, é o órgano de participación da sociedade na Universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia; á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e mais á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira. Foi constutuído o 20 de xullo de 1995, en aplicación das leis 5/1987 e 11/1989.
Por lei, correspóndelle ao Consello Social, entre outras funcións: aprobar o orzamento anual e a programación plurianual da Universidade tras o informe do Consello de Goberno; exercer directamente –ou solicitala externamente– a auditoría e control interno das contas da Universidade; aprobar a disposición sobre bens inmobles e mobles da Universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público; supervisar o rendemento e a calidade dos servizos universitarios; promover a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da Universidade; impulsar actuacións que propicien un maior achegamento dos estudantes ás demandas do mercado laboral; favorecer as actividades orientadas a completar a formación integral dos estudantes; propoñer á Xunta de Galicia a creación, implantación ou supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias; fixar os prezos das ensinanzas propias, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola Universidade; realizar estudos sobre materias da súa competencia e outorgar premios.
O Consello Social está integrado por un máximo de 28 membros:
POR PARTE DA UNIVERSIDADE
• Serán membros natos: o Reitor, a secretaria xeral e o xerente da UVigo.
• En representación do Consello de Goberno da Universidade: un profesor, un estudante e un representante do persoal de administración e servizos.
POR PARTE DA SOCIEDADE
• En representación dos intereses sociais: o presidente do Consello Social, seis membros designados polo Parlamento de Galicia, seis membros designados pola Xunta de Galicia, dous membros designados polos sindicatos máis representativos no territorio da comunidade autónoma de Galicia, catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; e un membro designado por cada unha das tres corporacións municipais onde se localizan os campus.
Actualmente é presidente do Consello Social Don Ernesto Pedrosa Silva, que foi designado para o cargo polo presidente da Xunta de Galicia Don Alberto Nuñez Feijoó o 1 de setembro de 2011 (DOG de 22 de setembro). Foi precedido por Don Emilio Atrio Abad. Exercen como vicepresidentes Don Luis Carrera Pásaro e Don Francisco Rodríguez García e como secretario Don Ignacio Rodríguez Iglesias.
Ex-presidentes: Don Emilio Atrio Abad (24-07-2003 a 23-09-2011)
Don Alfonso Zulueta (07-03-1996 a 24-07-2003)
O máximo órgano de goberno é o Pleno, que deberá reunirse un mínimo de catro veces ao ano, e despois de catro comisións permanentes:
- Comisión Executiva
- Comisión Económica
- Comisión Académica
- Comisión de Actividades e Servicios
E unha temporal:
- Comisión de Recoñecemento ás empresas que colaboran coa UVigo.
| | Contacto Edificio Miralles - Campus universitario 36310 VIGO TELÉFONO: 986 81 26 63 E-MAIL: secoso@uvigo.es |
Don Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social
| Universidade de Vigo.
|