Vídeo do acto de entrega de galardóns do II Premio Consello Social UVigo_Humana
Actos do presidente
Novas
Responsabilidade social
UV-Humana
A Asociación Provivienda e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade son as entidades que recibiron o II Premio Consello Social UVigo-Humana, galardóns que recoñecen o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan salientado na súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación.