[ACTUALIZACIÓN] Unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, co apoio do Consello Social… e van vinte e dúas
O mércores 9 de marzo, comezou unha nova entrega do Foro Tecnolóxico de Emprego, que incrementa a participación de empresas e asociacións ata preto de medio cento de entidades. A cita, que chega á vixésimo segunda edición continuará durante tres días simultaneando as actividades presenciais e telemáticas, clausurándose o venres 11.
“Este ano cóntase, por vez primeira, coa colaboración das delegacións de estudantes das escolas de enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e Informática, de Ourense, e Enxeñaría Forestal, de Pontevedra”, explica a coordinadora xeral desta edición, Ivana Ogando, estudante de cuarto curso do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, na súa versión en inglés. É a principal cabeza visible dun equipo composto por 18 mozas e mozos estudantes das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo: 12 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, tres de Enxeñería Industrial e outros tres de Enxeñaría de Minas e da Enerxía.
Na organización, acompañan a Ivana en labores de coordinación María Purriños, coordinadora de Comunicación, e Álvaro Vázquez, coordinador de Organización. “Para min a súa axuda é indispensable e síntome moi afortunada de que aceptasen formar parte desta aventura”, agradece Ogando, quen leva participando no foro desde que entrou na Universidade. “Este é o meu cuarto ano, comecei como colaboradora en primeiro de carreira, xa que non coñecía nada do sector máis aló do que se atopa nas noticias”, explica a alumna, ao que engade que se ‘alistou’ no foro, “como din os nosos carteis”, pola curiosidade de saber que buscan as empresas, “desde pequena sempre me gustou aproveitar o tempo en aprender cousas novas, e ter a oportunidade de preguntarlle ás empresas que é o que buscan, polo que o foro pareceume unha moi boa oportunidade”. Nesta liña salienta tamén que “moitos dos nosos antigos membros acabaron atopando traballo no foro, polo que é unha iniciativa que ten éxito”.

Asumir o cargo de coordinadora xeral supúxolle ter que aprender a organizarse moi ben, “xa que todos somos estudantes”; a coordinar un equipo e ter capacidade de adaptación, pero “sobre todo, a saber escoitar, xa que cada persoa ten as súas ideas. Teño a sorte de ter un equipo con moitas ganas de traballar, sen eles o foro non sería posible”.
Este ano están de novo presentes empresas como Deloitte, Cortizo, Borgwarner, Repsol, Norvento Enerxía, PWC, Grupo Nueva Pescanova, ao tempo que se incorporan outras novas como a empresa holandesa T Talent, Huawei, Teltek, EFIMOB, DataSpartan, así como atlanTTic, o Centro de Investigación en Teconoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
O Consello Social colabora tamén na edición actual.
Máis información na súa web (versión en castelán)
IR ao Foro Tecnolóxico de emprego
[fusion_content_boxes layout=”icon-with-title” columns=”1″ title_size=”ACTUALIZACIÓN” heading_size=”2″ title_color=”#fc2420″ body_color=”#000000″ backgroundcolor=”rgba(229,208,151,0.55)” icon=”” iconflip=”” iconrotate=”” iconspin=”no” iconcolor=”” icon_circle=”” icon_circle_radius=”” circlecolor=”” circlebordersize=”” circlebordercolor=”” outercirclebordersize=”” outercirclebordercolor=”” icon_size=”” icon_hover_type=”” hover_accent_color=”” image=”” image_width=”” image_height=”” link_type=”” button_span=”” link_area=”” link_target=”” icon_align=”left” animation_type=”” animation_delay=”” animation_offset=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ margin_top=”” margin_bottom=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””][fusion_content_box title=”ACTUALIZACIÓN” backgroundcolor=”” icon=”” iconflip=”” iconrotate=”” iconspin=”no” iconcolor=”” circlecolor=”” circlebordercolor=”” image=”” image_width=”” image_height=”” link=”” linktext=”Read More” linktarget=”default” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ ]
En UVigoTV están publicados os vídeos deste evento. Podes velos facendo clic na seguinte ligazón:
Vídeos do XXII Foro Tecnolóxico de Emprego
[/fusion_content_box][/fusion_content_boxes]